Skip to main content
Lugo

Adega organiza varias actividades no marco da campaña ‘Salvemos o pulmón verde de Lugo’

Por 8 Marzo, 2023Sin comentarios

Adega organiza durante este mes diferentes actividades divulgativas e de mobilización na defensa da zona afectada pola construción da Rolda Leste. Impartiranse diferentes charlas sobre o valor ambiental e social do val do Rato, e promoverase o debate político sobre esta problemática, no que os distintos grupos políticos municipais exporán os seus argumentos en defensa ou en contra da construción da Rolda Leste.

O Sábado 11 de marzo, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 haberá unha descuberta de biodiversidade, unha actividade guiada polo biólogo Cosme Damián Romai Cousido, para coñecer a flora e a fauna existentes. Para esta actividade realizaranse dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde para facer unha identificación da flora e fauna que existen na zona afectada. Para participar na actividade é preciso inscribirse chamando ao 982240299 ou escribindo ao correo electrónico adegalugo@adega.gal.

O vindeiro martes 14 de marzo, ás 19.00 no salón de actos da UNED-Lugo a asociación organiza unha mesa redonda titulada O Pulmón verde de Lugo onde participarán o biólogo Cosme Damián Romai Cousido; Julián Alonso, presidente da Asociación SM. Lucus, Manuel Arzúa, asociación Morcegos de Galicia, e Belén Feijóo veciña de Bosende.

E para finalizar estas actividades o martes 28 de marzo ás 19.00 tamén no salón de actos da UNED-Lugo esta convocado A rolda leste levada a debate unha actividade que contará coa participación de Rubén Arroxo polo BNG, Juan Vidal-Pardo por Ciudadanos, unha representante do PSOE, e queda por confirmar a participación do Partido Popular.