Skip to main content
Lugo

A formación Lug´Antiga Ensemble dará un concerto de presentación este sábado

Por 9 Marzo, 2023Sin comentarios

O Centro de Artesanía e Deseño acollerá este sábado 11 de marzo ás 19.00 horas un concerto de presentación ao público da formación lucense Lug’ Antiga Ensemble.

Impulsada polo músico Xosé Torres, esta nova agrupación centra a súa actividade na difusión e interpretación do legado poético e musical das Cantigas de Santa María, de Afonso X.

A formación, composta por Alma Selene, Cándido Díaz, Paula López, Carla Real e Xosé Torres e creada en 2022, estrearase cun concerto cunha orientación didáctica, no que se afondará no instrumentario empregado na interpretación das Cantigas, coñecido a través das súas iconografías.

Lug’Antiga dispón dunha colección destes instrumentos, que foron construídos para o propio autor do proxecto, por algúns dos luthieres  máis recoñecidos da Península.

Este concerto continúa o traballo que se ven desenvolvendo desde o Centro de Artesanía e Deseño en relación co estudo e difusión do  patrimonio musical medieval, con iniciativas como a mostra A memoria do son que no último ano viaxa por diferentes espazos culturais en Galicia.