Skip to main content
Lugo

O PP pide a revisión e mellora do plan da Zona Baixas Emisións

Por 9 Marzo, 2023Sin comentarios

Os Partido Popular pide “a revisión integral e mellora do plan da Zona de Baixas Emisións por presentar numerosas carencias, falta de documentación e a análise imprescindible que require unha actuación desta envergadura”. Así os populares presentaron varias achegas para mellorar este plan e “solicitan que se incorporen á documentación para a súa análise previa á execución material definitiva do plan e para corrixir os problemas que xurdan dada a importancia e impacto dos mesmos, antes de que os danos ao centro sexan irreparables”

Os populares sinalan que “se se quere apostar por un modelo de cidade integral, sustentable e coa calidade de vida que Lugo precisa, é mester corrixir as carencias deste documento para melloralo e consensuar a mellor opción para Lugo, para os veciños e negocios do centro, así como para o turismo” e cren que “o anteproxecto de peonalización do casco histórico de Lugo, sectores S1 e S2, debería ser un documento técnico que defina os aspectos fundamentais de carácter funcional, construtivo e económico” e ademais engaden que debería ter “unha serie de documentos de análise e información dos sectores produtivos incluídos no casco histórico, pero contextualizados e analizados no conxunto do cascoe no conxunto integral da cidade Lugo, e sobre todo que unha vez detectado os problemas platexen solucións previas a crealos definitivamente, por exemplo garantido accesos aos negocios ou o aparcamento necesario para achegarse ao Casco Histórico”.

O PP lamenta que o “anteproxecto e proxectos de peonalización presentados polo Concello de Lugo carecen dun estudo identificable dentro dun modelo de cidade acotado, no seu conxunto ademais de non indicar os aspectos de impacto ás decisións concretas a implantar nunha zona. Afirman que “a cidade de Lugo, como área urbana, ten que ser un espazo que reúna as condicións e características que a fagan sustentable medioambiental e urbanisticamente, pero ao mesmo tempo o máis confortable e atractiva para os seus veciños, o que debe de ir da man dun estudo completo e documentado do que o anteproxecto do Concello de Lugo carece”

Dentro dos estudo que piden os populares están “un estudo pormenorizado da repercusión no tráfico, no aparcamento ou na economía da zona” e non só un “informe ambiental, esquecendo por completo a opinión de veciños e comerciantes e consideran que este proxecto que “implica a modificación de dúas ordenanzas municipais xa debería de haber un borrador, pero nada se sabe” polo que piden ao goberno local “traballo e apertura de miras para entre todos poder mellorar o documento”