Skip to main content
Lugo

Os socialistas presenta a lista completa para as vindeiras eleccións de maio en Lugo

Por 10 Marzo, 2023Marzo 13th, 2023Sin comentarios

O PSOE presentou a lista candidata para as vindeiras elección municipais onde mantén nos primeiros postos a gran parte do seu equipo de Goberno e hai algunhas novidades.

A alcaldesa e candidata socialista, Lara Méndez, presentou á Asamblea Local a súa proposta de lista para as eleccións municipais, lista paritaria na que a acompañan nos primeiros postos os actuais concelleiros e concelleiras do equipo de Goberno, “compañeiros que xa ten demostrado a súa gran valía e experiencia na xestión municipal, dando pasos enormes neste proxecto compartido de cidade cara a segunda gran transformación sostible e de oportunidades na que estamos a traballar, e que xa non ten volta atrás” declarou a alcaldable.

O resto da lista conta con renovacións, “persoas moi preparadas, ilusionadas e comprometidas, que representan a pluralidade de Lugo”.  A lista incidiu, “está integrada por lucenses de idades diversas, da contorna rural e urbana, procedentes do sector privado e do público e gran coñecedores da realidade dos distintos barrios e parroquias”.

Nos oito primeiros postos entran novos perfís como Jorge Bustos Atanasio, enxeñeiro informático, emprendedor e adestrador do Emevé, no posto sexto e que entra como independente, e Pablo Permuy Villanueva, Licenciado en Matemáticas (Estatística e Investigación Operativa) pola USC, diplomado en Dirección Económica e Administrativa de Hospitais pola Escola de Alta Dirección e Administración de Barcelona e Técnico Deportivo de Grao Medio.

No posto noveno sitúase Angeles Novo Martínez, recoñecida nutricionista, docente e emprendedora, e o avogado Waldir Siniterra Restrepo, que entra como independente e que ten unha longa traxectoria como profesional, especializado en movementos migratorios, ocupa o décimo posto.

A candidatura do PSOE:

1. Lara Méndez López
2. Miguel Fernández Méndez
3. Mercedes Paula Alvarellos Fondo
4. Mauricio Vitorio Repetto Morbán
5. Ana Maria González Abelleira
6. Jorge Bustos Atanasio
7. Olga López Racamonde
8. Ángel Pablo Permuy Villanueva
9. Mª Ángeles Novo Martínez.
10. Waldir Sinisterra Restrepo
11. Maria Reigosa Castro
12. Alberto Caldeiro Pérez
13. Mª Eugenia Iglesias Vargas
14. Yago Atadell Martínez
15. Olimpia López Rodríguez
16. Jesús Darriba Burgo
17. Cristina Azanza Moreno
18. José Mario Castro Cuenca
19. Mª Carmen Santos Penas.
20. Luis Fernández Álvarez
21. Mª Pilar Rodrígez Potente
22. Hugo Pardo-Vivero Vilares
23. Ana Belén Díaz Parapar
24. Juan José Rodríguez Gude
25. Mª Isabel Salazar Bello 

Suplentes
1. Pablo Núñez González
2.Mª Pilar Roca Núñez
3. Miguel Angel Crende López
4. Elena Ocampo Piñeiro