Skip to main content
Lugo

Comeza a renovación da rede de alumeado público na rolda das Fontiñas

Por 12 Marzo, 2023Marzo 13th, 2023Sin comentarios

Comeza unha nova actuación de actualización na rede de alumeado público municipal na rolda das Fontiñas. “Desde a Concellería de Infraestruturas continuamos a avanzar na reducción do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente”, explicou Rubén Arroxo.

En total, renovaranse 69 luminarias que na actualidade empregan elementos contaminantes como Vapor de Sodio, e que pasarán a ser luminarias LED de baixo consumo e alta eficiencia. “Trátase de luminarias programables, que permitirán aumentar o aforro enerxético nas horas sen tránsito peonil nin de vehículos”, explicou Rubén Arroxo.

O consumo enerxético anual do Concello de Lugo verase reducido en 55.483 kWh, permitindo que Lugo avance na implantación dun alumeado eficiente en toda a cidade. O Tenente Alcalde lembrou que a concellería de Infraestruturas investiu, nos últimos anos, máis de 3 millóns de euros na renovación do alumeado público, instalando luminarias de baixo consumo e aplicando a perspectiva de xénero.