Skip to main content
Lugo

Miss Beige estará en Lugo para impartir un curso de creación teatral

Por 13 Marzo, 2023Sin comentarios

O XXVII Festival Internacional de Teatro Universitario programa do 21 ao 23 de abril un curso de creación que convida a experimentar o fracaso como estímulo artístico. Da man de Miss Beige, alter ego da creadora, actriz e performer Ana Esmith, as participantes serán protagonistas do seu propio Salón de Refuses  (salón de rexeitadas/os) que ademais será aberto ao público ao final do curso.

Miss Beige propón o xogo como ferramenta para a procura individual cara ao descubrimento propio, abre un espazo para que cadaquén poida buscar, descubrir e achegarse a aquilo que xa ten.

Diríxisese a  artistas, intérpretes, directoras/es e calquera persoa que utilice a súa persoa no proceso creativo e non é necesario currículo nin dossier artístico ou vídeobook.  Se queres arriscar e xogar cos teus erros aproveitándote das túas imperfeccións e profundar un pouco máis na túa implicación coa túa obra, Bienvenue. 

Hai 12 prazas dispoñibles e outras 3 para participantes en calidade de oíntes. A taxa é de 150 euros para público xeral e de 120 euros para a comunidade universitaria. No caso das persoas que asistan como oíntes a taxas para o público xeral é de 120 euros e de 80 euros para a comunidade universitaria. 

A inscrición está aberta ata o 17 de marzo a travé do correo electrónico cultura.lugo@usc.es. 

A formación desenvolverase o venres 21 de abril en horario de 15.30 a 19.30, o sábado 22 de abril de 10.30 a 14.30 e de 16.00 a 19.00 e o domingo 23 de abril haberá unha hora de montaxe do resultado do taller con tres pases a valorar horarios co grupo unha vez comece o curso.