Skip to main content
Lugo

O Arde Lucus 2023 xa ten cartel

Por 13 Marzo, 2023Marzo 14th, 2023Sin comentarios

O Arde Lucus 2023 xa ten cartel anunciador é será unha obra do lucense Borja Mirón Chaos presentada baixo o título Lucus Ignis. Así se anunciou hoxe tras coñecerse o fallo do xurado.

O xurado, integrado polo artista Manuel Andrés Pallín; por Mónica López, licenciada e doutorada en Belas Artes, e Antonio Cruz, profesor da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, valorou especialmente a limpeza do cartel, “directo e moi orixinal onde o autor foi capaz de plasmar nunha chama o espírito e o lume da Arde Lvcvs, unha festa que non se apaga”.

A entrega de orixinais efectuouse na Casa da Xuventude, onde quedarán expostos os 36 traballos presentados ao concurso.

Todos eles pasaron primeiro polo filtro das redes sociais do Arde Lvcvs, onde se fixo unha votación popular na que participaron preto de 5.000 persoas para a preselección.

O 50% dos carteis máis votados sometéronse á elección final do xurado. O gañador recibirá un premio valorado en 1.500 euros.