Skip to main content
Lugo

Os traballadores da depuradora reclaman unha renovación do convenio

Por 14 Marzo, 2023Sin comentarios

A CIG Industria vén de denunciar “a difícil situación dos traballadores de Gestagua da Estación Depuradora de Augas Residuais de Lugo, unha situación que están a sufrir tras mais de catro anos de conxelación salarial, dende xaneiro do 2019, o que supón unha perda no seu poder adquisitivo de preto dun 15%”.

A Confederación Intersindical Galega denuncia tamén a “intransixencia da empresa que  está a bloquear a negociación do convenio, o que está a levar á plantilla a plantexarse mobilizacións se non hai avances substanciais na reunión prevista para este martes día 14” advirten dende a CIG, sindicato con representación na empresa.

Ademais dende o sindicato queren “salientar o compromiso que esta plantilla ven a demostrar no desenvolvemento da súa labor profesional, servicio público esencial, compromiso reforzado durante a pandemia”. A plantilla reclama tamén “a activa participación do Concello de Lugo, de quen depende o servizo contratado á empresa Gestagua, na consecución dun acordo xusto que, garantice avances nos dereitos económicos deste colectivo mediante un acordo adecuado e proporcionado ao altísimo nivel de complexidade das infraestructuras coas que este Concello conta, sendo a Depuradora de Lugo unha das mais avanzadas do Estado”.