Skip to main content
Lugo

A Tenencia de Alcaldía financiou máis de medio cento de actividades

Por 15 Marzo, 2023Marzo 17th, 2023Sin comentarios

Tras un balance das colaboracións que o Goberno de Lugo mantivo coas distintas asociacións de barrios e parroquias na celebración das distintas festas patronais Maite Ferreiro explicou que “desde a área de Cultura traballamos para que toda a veciñanza teña acceso  á programación cultural da cidade”.

Entre o ano 2022 e o primeiro trimestre de 2023, a área de Cultura colaborou con máis de medio cento de actividades culturais nos distintos barrios e parroquias de Lugo, “colaboramos con actividades de distinto estilo, segundo o que nos solicitan desde a comisión organizadora de cada unha das festas”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “un exemplo pode verse na festa das Gándaras, que se celebra esta fin de semana, e que o día 16 conta cunha actividade patrocinada pola área de Cultura”

“Desde a Tenencia de Alcaldía continuaremos a ofrecer actividades culturais a todas as veciñas e veciños de Lugo para garantir que todas as persoas poidan acceder a un ben de primeira necesidade como é a cultura”, afirmou Maite Ferreiro, que destacou que “nos últimos anos, Lugo acolleu unha programación cultural diversa, con actividades de calidade e de prestixio recoñecido a nivel galego, estatal e internacional”.