Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Corre con Nós celebra este sábado a súa terceira carreira

Por 17 Marzo, 2023Sin comentarios

A terceira carreira do Corre con Nós celebrarase este sábado, ao abeiro da celebración do Día Internacional de Muller con fin de promover a igualdade no eido deportivo.

O Corre con Nós – Corre con Elas, a organización estima que participen preto de 700 atletas de todas as idades. Todas as persoas participantes sairán dende o mesmo punto de partida “sen existir criterios discriminatorios de ningún tipo, para lanzar unha mensaxe de trato igualitario para todas e todos os participantes” apuntaba o edil.

O Corre con Nós conta con seis carreiras – actualmente hai 1.697 inscritos no circuíto – que aglutinan diferentes percorridos e distancias, con retos para todas as idades “sendo o único circuíto de probas atléticas gratuíto en Galicia” apuntaba Repetto.

A  proba discorrerá pola avenida dos Deportes, acceso ao entorno da fábrica da Luz, estrada de Ombreiro, acceso desde a NVI á estrada de Ombreiro, acceso desde a estación elevadora de augas á estrada de Ombreiro, acceso a área recreativa Os Robles, acceso pola avenida dos Deportes ao Pazo de Feiras e aparcadoiro inferior Estadio Anxo Carro.

Todos estes espacios permanecerán cortados durante a tarde do sábado entre as 16.30 e as 18.30 aproximadamente.