Skip to main content
Lugo

A librería Trama acolle esta tarde a presentación do libro ‘Feminismo en cen palabras’

Por 17 Marzo, 2023Sin comentarios

A librería Trama acolle esta tarde a presentación do libro ‘Feminismo en cen palabras’ ás 19.30

A presentación contará coa participación da autora Luca Chao e a escritora e bailarina Blanca Novoneyra. 

En Feminismo en cen palabras, Luca Chao quere facer un convite ao pensamento, unha modesta introdución a unha forma concreta de mirar e nomear o mundo que nos rodea. 

Un achegamento a un corpus teórico mínimo, esencial, que facilite a comprensión de certos conceptos básicos da teoría feminista. E tamén unha invitación a ir máis alá, a aventurarse nas teorías e nas autoras que se mencionan, unha porta sempre aberta á discusión.