Skip to main content
Lugo

San Lázaro estará de festa a próxima fin de semana

Por 18 Marzo, 2023Sin comentarios

As festas de San Lázaro terán lugar a próxima fin de semana. O venres comezarán ás 20.00 co pregón a cargo de Carlos Castiñeira para continuar cunha gran chourizada.

A música do venres estará a cargo do grupo Jaque e haberá tamén unha sesión Dj.

O sábado a xornada festiva comezará cunha sesión vermú para continuar ás 18.00 cunha exhibición de bailes de bachata.

A verbena, a cargo da orquestra Marbella e Javi Show será ás 22.00.

O domingo haberá misa dende as 8.00 ata as 13.00 que será a misa maior con procesión. A continuación haberá batucada polo barrio e sesión vermú coa actuación de Javi Show.

Ás 18.00 haberá baile cativo e ás 22.00 será o remate das celebracións.