O Lugo Cultural continúa coa súa programación e organiza este luns un concerto da mezzosoprano Julia Portela Piñón e o pianista tamén lugués Luis Monsalve.
Esta actuación será a apertura do ciclo, Na Calzada, e celebrarase na Casa do Saber.
O concerto dará comezo ás 20.30 e a entrada será libre e de balde ata completar o aforo.
A actuación está incluída na programación do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provicial de Lugo.
