Skip to main content
Lugo

A residencia das Gándaras contará cunha adaptación ao novo modelo de coidados

Por 20 Marzo, 2023Sin comentarios

A residencia autonómica das Gándaras contará con obras de mellora e adaptación ao novo modelo de coidados ás que se destinará un orzamento de 7 millóns de euros.

Esta reforma integral suporá a creación de unidades de convivencia dun máximo de 25 usuarios, novos espazos de atención sanitaria e unha renovación completa da fachada e as carpinterías exteriores. Desta maneira, este centro avanzará cara o novo modelo de coidados de Galicia, que ten como piares fundamentais unha reorganización dos espazos para facelos máis persoais, unha maior humanización dos centros, así como o uso de vantaxes tecnolóxicas e unha maior coordinación sociosanitaria.

Este centro poderá seguir consolidándose como unha referencia na atención a maiores en toda a provincia de Lugo, como leva facendo durante os últimos corenta anos. As Gándaras é un dos primeiros centros de toda España, xunto con Porta do Camiño en Santiago e a residencia pública autonómica da Estrada, en contar cun Certificado de Calidade que recoñece a súa eficiencia en base a normas e estándares internacionais.