Skip to main content
Axenda LUGOXALugo

A librería Trama acolle esta tarde a presentación da revista Clara Corbelhe

Por 24 Marzo, 2023Sin comentarios

A librería Trama acolle hoxe venres 24 de marzo ás 19.00 a presentación do segundo número da revista Clara Corbelhe.

Neste segundo número da revista Clara Corbelhe, titulado O campo intelectual: ideologia, blocos de poder e instituições na Galiza, propoñen unha reflexión poliédrica sobre cuestións raramente tratadas na conversa pública galega.

Que é o que entendemos por produción intelectual? Onde é que podemos localizar os grandes dispositivos de produción intelectual da direita española en Galicia? E da esquerda española en Galicia?

Na presentación estarán presentes Alicia Pajón e Javier de Pablo.

Memory: 148.7969MB (7.27% of 2048MB)