Skip to main content
Lugo

O local social de Xanares acolle a presentación do libro ‘As construcións tradicionais da Parroquia de Orbazai’

Por 24 Marzo, 2023Sin comentarios

O local social de Xanares, na parroquia lucense de Orbazai, acollerá mañá sábado ás 20.00 horas a  presentación do libro As construcións tradicionais da Parroquia de Orbazai,  editado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A publicación, impulsada pola Asociación de Veciños de Orbazai e con  artigos de docentes do Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC, documenta e analiza os edificios do medio rural, tanto vivendas como construcións auxiliares ou de uso común pendellos, palleiras, hórreos,  fornos, muíños, pombais, fontes, pozos, lavadoiros, campos da festa,  igrexas, caneiros, valados ou pasos polo río.

O acto, no que intervirán o coordinador do libro Juan Ortiz e dúas das autoras dos artigos Cristina Losada e Eva de la Torre, pecharase coa  actuación do grupo Airiños de Orbazai.