Skip to main content
Lugo

O Partido Popular pide o arranxo dun camiño en Adai

Por 26 Marzo, 2023Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular fanse eco das queixas recibidas por parte de veciños de Adai e “reclaman o arranxo dun camiño que empregan, sobre todo para tránsito de vehículos agrícolas xa que dá acceso a varias fincas ás que se entra con maquinaria, polo que o risco para agricultores e operarios é máis que evidente”.

Dende o PP declaran que “os veciños denuncian o mal estado deste camiño, que se agravou nas últimas semanas, e critican que hai tempo que levan pedido que se amañe esta pista xa leva meses deteriorándose sen que as súas reclamacións fosen atendidas polo goberno local”.

“A realidade é que os afundimentos son de grandes dimensións o que pode provocar que envorque a maquinaria”, advirten. Dende o Grupo Municipal do PP reclaman “o arranxo inmediato desta pista, xa que tamén se trata dunha zona moi frecuentada por lucenses amantes da natureza e do deporte, polo que o risco tamén é evidente para todos os usuarios”.