Skip to main content
Lugo

Máis de cincuenta comercios participan hoxe nunha edición especial de comercio na rúa

Por 29 Marzo, 2023Sin comentarios

Unha edición especial de Os mércores sáese celébrase hoxe durante todo o día no centro de Lugo. A actividade organizada por Lugo Monumental que durante todas as semanas os comercios do casco histórico sacan as súas mercancias á rúa celebra hoxe unha xornada especial.

Tras a pandemia a asociación animou aos comercios a darse a coñecer na vía pública, con autorización do Concello de Lugo, e a iniciativa segue funcionando a día de hoxe, cada vez con máis éxito. Por eso desde Lugo Monumental prepararon esta edición especial na que se convidou a participar a comerciantes tanto socios como non socios da entidade.

Esta edición os interesados que teñan os seus comercios fóra de murallas tamén estaban invitados a participar conxuntamente nun espazo na Praza de España e serán un total de 52 locais os que estarán presentes na rúas do casco histórico para dar a benvida a primavera.

Esta actividade contará con importantes descontos para os clientes que desexen desfrutar nun día que cunha excelente previsión meteorolóxica.

Os postos estarán abertos de 10:30 a 20:30 en horario continuado, e poden consultar a listaxe e ubicación no seguinte enlace