Skip to main content
Lugo

A Hedreira conta xa con programación para o mes de abril

Por 30 Marzo, 2023Sin comentarios

O Centro Social Autoxestionado A Hedreira xa ten lista a súa programación para o mes de abril.

O sábado 1 ás 20.00 haberá a obra de teatro Dramón na vida da Pequena compañía de nenos enormes que se titula .

Para o domingo día 2 está programado un roteiriño polas zonas afectadas polo proxecto da Rolda Leste. O roteiro sairá da Cruz Vermella ás 11.00 e será de 5 quilómetros, apto para familias.

O xoves 13 e o sábado 15 ás 20.00 haberá dous videoforums, o primeiro Autopista, unha navallada a nosa terra e o sábado Nada que ver, un documental sobre a radio comunitaria Cuac fm.

Para o sábado 22 están programadas dúas actividades, a primeira un mercadiño de troco de 11.00 a 14.00 que contará coa proxección dos documentais A historia das cousas e A historia do cambio e partir das 21.30 haberá unha cea solidaria contra os macroeólicos.

Tamén continúan as actividades fixas programadas, os martes costura para principiantes de 18.00 a 20.00 e capoeira de 20.00 a 22.00. O grupo de K-pop está os mércores de 17.00 a 19.00 e os venres é a quenda de pole dance de 18.00 a 20.00 e de impro teatral de 20.00 a 22.00.

O último xoves de cada mes ás 20.30 haberá un cine con pizza vegana e o penúltimo venres o grupo Xestar, parir, criar de 16.30 a 19.30.