Skip to main content
As Nogais

A ITV agrícola estará nas Nogais en abril

Por 28 Marzo, 2023Sin comentarios

A unidade móbil da Inspección Técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao concello das Nogais no mes de abril. 

Os días 14, 17, e 18 de abril a ITV estará na praza da Nogueira en horario de de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas menos o día 14  que estará só en horario de mañá. 

As persoas interesadas deben solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.