Skip to main content
Palas de Rei

Palas de Rei celebra unha festa para a 3º idade

Por 29 Marzo, 2023Sin comentarios

O sábado 1 de abril o Concello de Palas de Rei organiza unha festa da 3º idade que terá lugar no polideportivo municipal dos Chacotes.

Ás 13.00 terá lugar unha misa solemnes que se oficiará no campo de fútbol para continuar ás 14.30 cun xantar de confraternización nas instalacións cubertas do pavillón e o baile dará comezo ás 17.00.

No transcurso da celebración tamén se fará un recoñecemento especial para a muller e para o home con máis idade presente na festa.

Os interesados só teñen que confirmar asistencia nas dependencias do Concello ou chamando ao teléfono 982 38 00 01.