Skip to main content
Portomarín

O PSOE de Portomarín preocupado pola “deriva económica do Concello”

Por 7 Marzo, 2023Sin comentarios

O Grupo Socialista de Portomarín alertou hoxe da súa preocupación pola “deriva económica á que esta levando o alcalde e todo o Goberno do Partido Popular ao Concello”. Así o dixo a Voceira Socialista, Silvia Rodríguez, trala celebración dun pleno extraordinario, no que o PP aprobou en solitario un pagamento extraxudicial de crédito de case 400 facturas por un importe de 150.000 euros, correspondentes a facturas sen pagar do ano 2022.

Silvia Rodríguez dixo “agora entendemos porque o Concello se pon a vender o patrimonio de toda a veciñanza, tal e como comprobamos nesta sesión plenaria na que se evidenciou a desastrosa xestión económica do Concello de Portomarín. Esta é a consecuencia da falta de orzamentos no ano 2022 e no ano 2023, e tamén do retraso de máis de 6 meses na aprobación das contas. Contas que tamén foron aprobadas nesta sesión plenaria, con 6 meses de retraso, e con importantes irregularidades na súa tramitación”.

Os medios de comunicación anunciaron fai uns días que o Concello de Portomarín ingresou 295.000 euros ao vender unha vivenda do patrimonio municipal. A voceira socialista”lamentou” a venda deste inmoble por parte do Concello “en vez de presentar proxectos para fixar poboación, impulsar alugueiros para mozos e mozas ou mesmo a rehabilitación de edificios con subvencións, o PP adicase a vender o noso patrimonio, para despois malgastalo. Esta é súa xestión”, advertiu.

Os socialitas de Portomarín están preocupados polas facturas sen pagar a pequenas empresas e autónomos “no apartado de facturas pendentes sen pagar, hainas de todo tipo, sendo o máis preocupante aquelas de pequenas empresas e autónomos do concello, que están a esperar ata cinco meses a que lles abone o Concello os traballos realizados. Destas facturas, ata están sen pagar as actuacións das Festas Patronais do Santo Cristo e os bombóns de Ferrero Rocher da campaña #JuntosBrillamosMás, e que non fomos quen de facerlle fronte. Por unha banda pedimos axuda a tódalas institucións públicas para participar nesta campaña de promoción, pero por detrás, non pagamos nin as facturas relacionadas coa súa promoción”, d¡xo Silvia Rodríguez.