Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

O Máster de Futbolín agarda un récord de participantes esta Semana Santa

Por 25 Marzo, 2023Marzo 26th, 2023Sin comentarios

O Máster Nacional de Futbolín de Rábade, que este ano chega a viséximo cuarta edición, celebrarase nas datas previstas para o mes de abril, concretamente o 6, 7 e 8, coincidindo, como é tradición, coa festividade da Semana Santa.

Mocidade da Deputación de Lugo colabora cunha nova edición do Máster, que organiza a asociación Bola Meiga, un torneo que figura entre os máis concurridos e veteranos dos que se celebran no Estado.

A deputada Mónica Freire, o presidente de Bóla Meiga José Manuel Candal e o tenente alcalde de Rábade Alejandro Martínez, presentaron o evento, aberto á participación de persoas de todas as categorías e niveis de xogo.

A deputada destacou a traxectoria do torneo “plenamente consolidado no deportivo e cunha gran repercusión social e económica para a localidade e tamén para as comarcas da Terrá Chá e de Lugo, que tamén reciben a participantes e ás persoas que as acompañan” e encadrou  “o apoio a esta iniciativa se encadra na colaboración que desde a área de Mocidade mantemos co tecido asociativo, facilitando que colectivos como neste caso Bóla Meiga lle dean continuidade ao seu traballo”.

Segundo explicou José Manuel Candal, a organización agarda “un récord histórico de participación fixándose como obxectivo as 600 persoas inscritas” e  destacou que se “aumentou a dotación dos premios, dos 10.000 aos 12.000 euros” para engadir atractivo a un evento que moitas persoas afeccionadas ao futbolin de distintos puntos do Estado “a data do Máster de  Rábade, que facemos coincidir coa Semana Santa, está marcada en vermello no calendario”.

O tenente alcalde rabadense incidiu “no dinamismo económico que o evento xera en Rábade e na contorna, especialmente na hostelería e na restauración, contribuíndo a facer provincia”.

OS PREMIOS

Este ano o torneo aumenta a cuantía dos premios e engade algún trofeo máis polo que repartirá 12.000 euros, 2.000 máis que na edición anteior. Coa inscrición aberta, prevese chegar de novo a máis de 300 parellas participantes. As incripcións custarán 25 euros por persoa.

Como en anteriores edicións, haberá cinco modalidades de xogo e tres niveis e xogarase no pavillón do colexio, e nas cafeterías Papyrus e Os Castro.

O Gran Máster Nacional de Futbolín repartirá un total de 12.000 euros en premios. Os de movemento e en parado estarán dotados cun primeiro premio de 1.200 euros e trofeo. O resto de premios, ata un total de 28, oscilarán entre os 600 e os 25 euros.

Ademais os trofeos serán diferentes xa que se elaboran para cada torneo e terán un deseño exclusivo e orixinal.

Tamén contarán de novo cos trofeo Alejandro Finisterre, para o xogador máis regular; o trofeo Concellería de Deportes para o mellor xogador e o trofeo David García, para o mellor porteiro. Este ano engádese o trofeo Guiller ao mellor xogador de Galicai, o trofeo Bola Meiga á amistade, o trofeo Peña Rábade Futbolín á peña máis participativa e o trofeo Merchi á mellor xogadora. Con este último quérese ofrecer unha homenaxe a unha das primeiras gañadoras que aportou moito o futbolín.

O mércores 5 de abril darase o pistoletazo de saída coa presentación do evento ás 12.00 horas e o sorteo de equipos ás 15.00 horas. E as competicións iniciaranse o xoves 6 a partir das 17.30 horas coa modalidade parellas cegas.

O venres 7 será o día dedicado ás modalidades en parado e feminina, que darán comezo ás 11.00 horas.

O sábado 8 ás 10.00 horas será a quenda da de movemento e as finais xogaranse a partir das 21.00 horas para poder entregar os trofeos ás 23.00 horas.