Skip to main content
Monforte

Monforte celebra o seu ‘Mercado para a Medieval’ como preludio da Feira Medieval

Por 19 Marzo, 2023Marzo 20th, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado 25 de marzo ás 11 horas o alcalde de Monforte, José Tomé, o ‘Mercado para a Medieval’ na zona dos mercados da Praza de Abastos de Monforte.

En palabras do alcalde, “é un certame co que buscamos potenciar e promocionar a Feira Medieval, un evento turístico que trae unha gran afluencia de público e visitantes a Monforte durante a fin de semana da Semana Santa”.

Antes da inauguración oficial, no mesmo espazo da Praza de Abastos, o alcalde ofrecerá ás 11 horas unha conferencia de prensa aos medios de comunicación para presentar o programa oficial de actividades da Feira Medieval.

Mercado Medieval

O Mercado para a Medieval é un preludio da Feira Medieval, polo que a súa temática xira arredor da preparación para dita Feira. Haberá 16 stands con traxes medievais feitos a man para adultos e nenos, bisutería e orfebrería como complementos para estes traxes, cosmética e remedios naturais, perruquería e maquillaxe, decoración de mesas de terrazas e de mesas de comedor e centros florais, así como centros artesanais elaborados con vexetais.

A proxección do vídeo ‘El Buen Yantar’ dará a coñecer a proposta culinaria dos diferentes restaurantes da cidade para esta Feira.

Este ano tamén participarán pastelerías e panaderías locais cunha exposición de doces, pasteis, biscoitos e tartas inspirados no Medievo e celebrarase o concurso ‘A polo mellor doce’, onde os visitantes poderán votar para elixir o gañador do mellor doce dentre os expostos.

Horarios

O sábado día 25 organizarase o desfile de Traxes Medievais e Complementos que terá lugar ás 18.30 horas dentro do recinto expositivo do Mercado.

O domingo ofertaranse os talleres infantís gratuítos e cun máximo de 20 nenos. Un será ás 12.30 horas, un taller de animación, e ás 17.30 horas ‘O Carballo con Botas’. O mesmo día do Mercado os interesados poden apuntarse aos diferentes talleres dirixíndose ao persoal do stand de recepción.

O horario do Mercado para a Medieval 2023 será o sábado de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas e o domingo pola mañá igual, só que á tarde rematará ás 19.00 horas.