Skip to main content
Monforte

Monforte acolle unha charla sobre a vida e a morte o vindeiro 31 de marzo

Por 26 Marzo, 2023Marzo 27th, 2023Sin comentarios

O Ateneo Casino de Monforte acolle o vindeiro 31 de marzo unha charla da Asociación VPBM (Vivir para ben morrer) de Lugo.

Baixo o nome de ‘Más allá da vida’, é unha charla “que invita a reflexionar sobre este tema universal, que a sociedade tenta evitar custe o que custe, porque resulta incómodo e xera medo en xeral: a morte”, explican desde a asociación.

Tamén se falará das ECM (experiencias próximas á morte), tendo a Teresa Grau como relatora e narradora oral.

Terá lugar ás 19.30 horas.