Skip to main content
Pantón

Abre a inscrición para o seminario da USC Camiños do Coñecemento de Pantón

Por 30 Marzo, 2023Marzo 31st, 2023Sin comentarios

Aberta a inscrición para os seminarios do programa Camiños de coñecemento e experiencia, o proxecto de democratización do coñecemento da Universidade de Santiago dirixido a homes e mulleres maiores de 50 anos.

Os seminarios celebraranse no salón de actos da casa da cultura desde o vindeiro, mércores 19 e ata o 26 de abril, e trataranse temas teóricos como astronomía nun día solleiro, a construción dun reloxo de sol, a delincuencia común en Lugo durante o franquismo, e contará con sesións prácticas e unha saída ao Museo Provincial de Lugo.

As persoas interesadas en participar poden anotarse nas oficinas da casa da cultura en horario de luns a venres de 10.00 a 20.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas, ou no teléfono 982 456 377. As actividades son gratuítas.