Skip to main content
Bóveda

Este sábado terá lugar o Bóveda Slam Poetry e hai 7 poetas titulares no certame

Por 20 Marzo, 2023Sin comentarios

O Bóveda Slam Poetry, organizado pola asociación Kultur N’aldea, chega ao Centro Sociocultural de Bóveda este sábado, 25 de marzo, ás 19.00 horas.

Para esta edición, os poetas titulares son Mónica Sánchez, León Ferrini, Randi Montero, Roberto López, Noa Moreira, Jonatan Jorge e Iria Seoane.

Bases de inscrición

Faranse cinco combates a golpe de verso en marzo, maio, xuño, setembro e outubro e unha gran final en novembro. O mellor e o segundo mellor de cada tempada clasificaranse para a final.

Poderán inscribirse os 7 primeiros que envíen un correo electrónico máis dúas persoas de reserva.

Por último, o idioma elixido pode ser calquera, xa que pode participar todo o mundo e o poema é de temática libre, aínda que é mellor prepararse dous, xa que o combate é de dúas roldas.