Skip to main content
Bóveda

O primeiro Poetry Slam que se celebrou en Bóveda deixou un alto nivel para as vindeiras competicións

Por 28 Marzo, 2023Marzo 29th, 2023Sin comentarios

Este sábado tivo lugar en Bóveda o primeiro Poetry Slam no centro sociocultural do Concello de Bóveda, unha competición de poesía orixinal recitada na que participaron sete persoas.

Destas sete persoas, Iria Seoane levou a cunca de ouro, Noa Moreira acadou a cunca de prata e Jonatan Jorje Guille conseguiu a cunca de bronce.

O organizador, Xosé Casar, destacou o alto nivel dos participantes ao tempo que explicou que o primeiro Poetry Slam de Bóveda comprenderá cinco encontros, denominados combates.

O primeiro deles foi este sábado e os seguintes continuarán en maio, xuño, setembro e outubro. En novembro haberá unha final na que competirán os vencedores de cada combate e os que queden en segundo lugar en cada temporada.

A organización e o Concello de Bóveda danlle os parabéns aos gañadores e gañadoras do ‘Bóveda Slam Poetry’ e agradecen a participación de todos os mozos e mozas na proba.