Skip to main content
Carballedo

Isabel Rodríguez visitou Carballedo para revisar as melloras de conexión dixital

Por 9 Marzo, 2023Marzo 11th, 2023Sin comentarios

O Concello de Carballedo acolleu a visita da subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, quen ratificou o impulso do Goberno coa dixitalización dos concellos da provincia a través de diferentes programas estatais para o que está a desenvolver un gran esforzo económico na provincia, mobilizando 28,3 millóns de euros dende o 2018.

En Carballedo, o impacto destas iniciativas está levando esta conexión a máis de 530 zonas que a día de hoxe non contan con esta tecnoloxía.

O alcalde, Julio Yebra-Pimentel, e o responsable da empresa Adamo en Galicia, David Llano, estiveron coa subdelegada para comprobar como os plans promovidos polo Goberno para a instalación de banda ancha seguen avanzando na provincia.

En concreto, a través do Programa PEBA e UNICO, o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital achegará a conexión ultrarrápida a Internet en todo o territorio de Carballedo, “permitindo que os máis de 2.000 veciños e veciñas que viven e traballan no municipio poidan contar coa cobertura de banda ancha, básico para o día a día de calquera cidadán”, explicou Roríguez.

Reunión coa empresa que porá en servizo a dixitalización

Adamo traslada á subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e ao alcalde do concello, Julio Yebra-Pimentel, o seu plan de despregamento: serán máis de 150 actuacións

Nun lugar como Carballedo, cunha extrema dispersión entre os fogares, explican dende Adamo, cada traballo logra conexión para 10 veciños.

En concreto, de feito, serán necesarias 151 actuacións por parte do operador Adamo para que 1.500 familias do concello -formado por 226 entidades de poboación distribuídas en 24 parroquias- poidan acceder a Internet de alta velocidade.