Skip to main content
Chantada

Por Chantada pide á Deputación de Lugo que arranxe unha ponte na estrada LU-6001

Por 8 Marzo, 2023Marzo 9th, 2023Sin comentarios

Por Chantada-Cup alertou por rexistro á Deputación de Lugo do risco de colapso da ponte situada na parroquia de Adá, na estrada LU-6001 que vai de Taboada a Chantada.

Así, explicaron no seu escrito que debería avaliarse o dano da estrutura, sinalizar e fechar ao tránsito, así como arranxar “con urxencia” esta ponte, xa que, argumentan, “é unha estrutura fundamental para o inminente ensilado na zona, pois existen poucas alternativas de paso”.

Por outra parte, explican que “por agora ten amaño e sería unha mágoa perder unha parte xa do patrimonio común dos chantadeses”.

Aproveitaron o escrito para reiterar a demanda de arranxo de varias estradas que son da titularidade do organismo provincial: LU-P-1801, LU-P-1002, LU-P-1805, LU-P-1806, LU-P-1807, LU-P-1809, LU-P-1815 (urxentísima), LU-P-1816 e LU-P-1817.