Skip to main content
Chantada

A Banda de Música de Chantada comezará as súas actuacións do ano na Feira do Viño de Chantada

Por 11 Marzo, 2023Marzo 13th, 2023Sin comentarios

O programa musical da Banda de Música de Chantada para este ano 2023 comeza coa actuación da XL Feira do Viño de Chantada que terá lugar hoxe ás 13.00 horas na carpa.

Dous dos integrantes da formación: o presidente, Luís Miguel Crespo Caride e un dos músicos, o trombonista José Antonio García García presentaron o cartel e programación do ano acompañados de Manuel Diéguez, concelleiro de Cultura do Concello de Chantada.

O concelleiro de Cultura comezou agradecendo o gran labor que realiza a Banda de Música de Chantada e os seus 45 músicos e músicas dirixidos por Carlos Timiraos.

Pola súa parte, o presidente deste colectivo explicou toda a programación Baixa a liña de ‘Sinerxias’, o nome que reflicte a mestura con distintas artes, a identidade a relixión…

Tal como explicou Luis Miguel, a música será a fiestra a través da que ver, escoitar e coñecer: a zarzuela, a música antiga, a literatura, Chantada…

Programación do ano

Despois da primeira actuación, na Feira do Viño, en abril terá lugar ‘Música Sacra do S.XX’ con compositores que se inspiraron na relixión para componer, acompañados da Coral Polifónica de Chantada.

Xa en maio MAIO, levarán a cabo ‘Chantada: música e inspiración’ a través dunha música inspirada en Chantada e dedicada a xente de alí.

En agosto actuarán con ‘Noites á luz da lúa’, con Píscore e no XXXII Festival de Bandas

En outubro terá lugar o IX Outono Musical ‘Unha noite na zarzuela’ e en novembro ‘Os soños na gaiola’ a través de música do compositor Antón Alcalde e literatura baseada en textos de Manuel María.