Skip to main content
Chantada

O PSOE de Chantada xa ten alcaldable para as vindeiras eleccións

Por 19 Marzo, 2023Sin comentarios

Mariano López foi elixido polo PSOE como o candidato á Alcaldía de Chantada nunha asemblea celebrada do Partido Socialista provincial.

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo valorou o “firme compromiso que demostra López Nieves co futuro do seu Concello liderando a candidatura á Alcaldía, co que dá un paso máis na dedicación e no traballo que leva realizando dende hai tempo para favorecer o desenvolvemento social e económico de Chantada e de toda a comarca a través dunha actividade fundamental, como é a agrogandeira”.

“O seu profundo coñecemento da realidade socioeconómica de Chantada o converten no mellor candidato para sacar adiante un proxecto político que atenda as necesidades dos veciños e veciñas, e con capacidade para aproveitar as oportunidades do concello”, destacou José Tomé.

Así, sostivo que oO candidato traballará “con todos e todas, escoitando todas as ideas, e deseñar para Chantada o futuro que os seus veciños e veciñas merecen”.

Traxectoria do candidato

Mariano López Nieves, de 58 anos, ten unha longa traxectoria vencellada ó sindicalismo agrario.

Foi secretario xeral de Unións Agrarias para Monforte e Chantada dende principios dos 90 ata o ano 2010.

Logo dunha etapa na que desempeñou cargos de responsabilidade en Madrid e Santiago, volveu a converterse en responsable de zona do sindicato, sendo elixido no 2016.

Mariano López Nieves afronta este novo reto con “moita ilusión e con moita forza”, cun “firme compromiso de servizo público” e coa “vontade” de “poñer en valor o potencial de Chantada”.

A xuízo do candidato, “un PP que non aposta polo rural non é capaz de aproveitar as oportunidades que ofrece Chantada”.

Así, dixo que “dende o coñecemento das posibilidades económicas do noso municipio, traballarei con todos e todas para deseñar para Chantada o futuro que os seus veciños e veciñas merecen. Un futuro que aposte polos servizos públicos, polo impulso da nosa vila, e pola modernización e posta en valor do rural como sinal de identidade e como sector que xera riqueza e emprego, e que fixa poboación no territorio”.