Skip to main content
Chantada

As actividades realizadas en Chantada este ano polo Día da Muller, rematan este sábado

Por 24 Marzo, 2023Sin comentarios

As actividades realizadas este ano polo Día da Muller o 8 de marzo 2023 rematan este sábado, 25 de marzo ás 12.00 horas. Esta cita será na Biblioteca Pública Municipal de Chantada e estará a cargo de Genma Pardo e Carolina Rubirosa.

Estas dúas rapazas farán unha viaxe pola historia da muller na música repasando as súas contribucións dun xeito divertido e adaptado á idade das nenas e nenos participantes, maiores de 4 anos.

A súa viaxe falará dende as músicas galegas como son Guadi Galego ou Tanxugueiras, pasando polas grandes cantantes americanas como son Chavela Vargas, Cecilia, Patti Smith ou Etta James.