Skip to main content
Chantada

O primeiro festival feminista de Chantada terá lugar o 19 e 20 de maio

Por 26 Marzo, 2023Marzo 27th, 2023Sin comentarios

A Asociación Polamiúda organiza o primeiro Festival feminista de Chantada, ‘Polas Bravas’.

Este evento terá lugar os vindeiros 19 e 20 de maio co obxectivo de “ ser unha canle facilitadora do discurso feminista á veciñanza da nosa contorna, e tamén unha vía de libre acceso a discursos, producións e contidos culturais alternativos e independentes”, defenden desde a asociación.

Os invitados que actuarán neste festival serán Noite Fernández, Aldaolado, Mirodir y Hatta, Nuria Vil, Chévere, Dj Riquinha, Fillas de Cassandra, Bratzantifa, Hydn e Luna Desgracia.