
O Concello de Folgoso do Courel organiza unha charla formativa para este domingo, 12 de marzo.
O salón de actos do Concello acollerá esta iniciativa na que colabora a Asociación Cultural Fonte do Milagro e que versará sobre as axudas de Medio Rural ao fomento de plantacións de castiñeiro para froito e á rexeneraxión de soutos tradicionais.
As persoas que queiran participar poderán facelo de forma gratuíta e sen inscripción con tal de non exceder o aforo do salón de actos.