Skip to main content
Folgoso do Courel

Organízanse en Folgoso do Courel uns obradoiros de memoria para persoas de máis de 50 anos

Por 17 Marzo, 2023Abril 5th, 2023Sin comentarios

O Concello de Folgoso do Courel ofrece unha serie de obradoiros de memoria para persoas de 50 ou máis anos de idade.

Esta actividade, en colaboración con Afamon Monforte, é para persoas que non presenten deterioro cognitivo significativo e que queiran potenciar os seus niveis de autonomía.

Estas actividades levaranse a cabo un día á semana desde o 20 de marzo e ao longo de tres meses.

Os luns ás 15.30 horas o obradoiro será en Folgoso, e ás 17.30 horas en Seoane cunha hora e media de duración por sesión.

As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente no Concello de Folgoso do Courel ou no teléfono 982 43 30 01.