Skip to main content
Monforte

Femforte organiza unha andaina feminista este domingo

Por 4 Marzo, 2023Sin comentarios

A Asociación Feminista de Monforte, Femforte, organiza unha andaina para este domingo por Monforte con motivo do Día da Muller o vindeiro 8 de marzo.

As participantes sairán da Praza de España ás 17.00 horas e percorrerán as rúas de Monforte durante catro quilómetros e medio para rematar no colexio dos Escolapios, na Praza da Compañía, ás 18.00 horas.

Esta actividade acabará cunha liña de meta deseñada por Albores Saúde Mental e os comercios de Monforte doarán agasallos ás participantes.

O propio 8 de marzo, Femforte tamén organizará unha actividade na que ás 20.00 horas Paula Díaz e Fran Puch, da Escola de Música Moderna, actuarán na Praza de España.