Skip to main content
Monforte

Máis de 1.600 familias do centro de Monforte xa contan con fibra óptica

Por 7 Marzo, 2023Sin comentarios

O centro histórico de Monforte de Lemos xa conta con rede de fibra óptica ao completo grazas á posta en servizo a compañía Adamo.

En concreto, 2.250 inmobles de Monforte benefícianse da infraestrutura asentada pola empresa e 1.650 familias do centro e contan coa conexión de alto rendemento que proporciona por Adamo, con ata 1.000 Mb de velocidade.

O despregamento, recentemente concluído, foi executado para a empresa por Rede Aberta, o seu colaborador na zona.

Grazas a este traballo conxunto, ademais de expandir un servizo crave, Adamo fomenta o crecemento económico en Monforte de Lemos, así como a contratación de profesionais e técnicos locais.

Outros plans de actuación

Adamo tamén está presente noutros concellos, como nos 2.600 domicilios xa cableados na Ulloa, Chantada e Terra de Lemos.

O crecemento seguirá nas tres comarcas: na primeira, en Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei; na segunda, nos municipios de Chantada, Taboada e Carballedo; mentres que, na terceira, o operador engadirá Bóveda e A Pobra do Brollón.

Pero aínda haberá máis, dado que a comarca de Quiroga ampliará o cableado cara ao sueste de Lugo. Adamo, en 70.000 fogares da provincia…

Así mesmo, o operador acumula máis de 70.000 vivendas cableadas en 35 concellos lucenses desde mediados de 2018 ata o de agora.

Para sufragar os traballos, Adamo investiu 20 millóns de euros e contratou a 300 traballadores locais en enxeñería, despregamento, mantemento e comercialización… que serán máis de 100.000 en dous anos.

Este crecemento non se detén, xa que a compañía resultou adxudicataria da última convocatoria de axudas estatais e comunitarias para a instalación desta infraestrutura no territorio.

En virtude do orzamento público-privado resultante do Programa Único, de 17,5 millóns, Adamo levará Internet ultrarrápido a 33.000 fogares rurais de Lugo entre 2023 e 2024 para sumar máis de 100.000 inmobles conectados á súa rede de alta velocidade no conxunto da provincia.