Skip to main content
Monforte

Salvemos o Malecón organiza para o domingo unha limpeza do río Cabe de Monforte

Por 11 Marzo, 2023Marzo 13th, 2023Sin comentarios

O colectivo Salvemos o Malecón de Monforte organiza unha actividade para limpar a beira do río Cabe.

Esta iniciativa encádrase no día internacional dos ríos, que se celebra o domingo, 12 de marzo.

Por iso, ese día ás 11.30 horas sairán a limpar a beira do río na zona do Parque dos Condes para manifestar que “nos importa o lamentable aspecto que amosa”, sosteñen.

“O río é de todos e entre todos debemos coidalo e non queremos ter un dos paseos fluviais más sucios de Galicia”, defenden.

Así, animan a todas as persoas que queiran a participar, que deben levar luvas, botas e unha bolsa.