Skip to main content
Monforte

‘Encontros no rural. Saberes compartidos’ acollerá diferentes actividades no Museo Pazo de Tor

Por 15 Marzo, 2023Sin comentarios

O Museo Pazo de Tor de Monforte acolle este xoves, 16 de marzo, a partir das 17.00 horas unha xornada con diferentes actividades baixo o nome de Encontros no rural. Saberes compartidos no rural.

Esta iniciativa enmárcase do proxecto que se desenvolve nos museos da Rede Museística da Provincia de Lugo co nome ‘I Foro expandido de Museoloxía Social da Rede Museística Provincial de Lugo’.

Durante a tarde haberá presentación de dúas publicación de mulleres, poesía de Ana Vila, danza inclusiva e un concerto de Jansky.

Ademais, haberá chocolatada para todos os asistentes, que poderán participar desta actividade de maneira gratuíta ata completar aforo.