Skip to main content
Monforte

Albores organiza un ciclo de charlas sobre saúde mental en centros educativos do sur de Lugo

Por 23 Marzo, 2023Marzo 24th, 2023Sin comentarios

A Asociación Albores de Monforte porá en marcha un ciclo de charlas sobre saúde mental nos institutos da comarca de Monforte, de Chantada e de Quiroga.

Así, por agora, seis centros educativos beneficiaranse desta iniciativa promovida pola asociación para que alumnado e profesorado adquiran coñecementos básicos para previr posibles casos de trastornos de saúde mental.

A encargada de impartir estas formacións é a psicóloga Raquel López González e estarán financiadas polo Programa de Cooperación da Xunta para a abordaxe da exclusión social das personas con enfermidades mentais.