Skip to main content
Monforte

Trece rúas de Monforte van ser melloradas polo goberno local despois de Semana Santa

Por 23 Marzo, 2023Marzo 24th, 2023Sin comentarios

O Concello de Monforte anunciou melloras en trece rúas da cidade como resultado de once novos proxectos que se executarán despois de Semana Santa.

Estes proxectos constitúen, tal e como explicou o alcalde “a continuidade do Programa de actuacións a desenrolar polo Equipo de Goberno co obxectivo de dotar con mellores servizos e mellores infraestruturas ó Concello”.

Ademais, dende o Concello validaron o remate das obras e e comprobaron as melloras na rede de subministro que, “tal e como comunican algúns dos veciños”, explican; “incrementou considerablemente o caudal de auga que chegaba aos seus domicilios”.

Melloras

  • Un primeiro grupo de melloras correspóndense coa Rúa Curros Enríquez, Rúa Pontevedra, Rúa Ribeira e Rúa Caneiro, que presentan un firme da vía algo deteriorado e, polo tanto, aconséllase unha actuación completa de renovación do firme. Así, procederase ao fresado de toda a superficie da vía, previamente á colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente e, por último, o pintado de marcas viais, de símbolos e cebreados.
  • Outro grupo de melloras realizaranse nas Rúas Fontecha, Tomás Vázquez e o Camiño lateral ao Museo do Ferrocarril, que presentan o firme que aconsella unha actuación completa de renovación do mesmo. Así, será necesario proceder ao fresado dos entronques iniciais e finais das vias mencionadas previamente á colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente. En estas tres rúas vaise proceder ao fresado do firme, ao barrido do firme nas zonas afectadas por medios mecánicos, e o firme farase con aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor e tamén se realizará o recalce das tapas de rexistro en calzada en dado de formigón.
  • O terceiro grupo de melloras afecta á Rúa Santiago e Rúa Incio, nas que ademais do fresado, nos entronques iniciais e finais da vía previamente á colocación da nova capa de rodadura de aglomerado en quente, hai que proceder á apertura da caixa e rechear con zahorra compactada. En ambos casos utilizarase tamén aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor.
  • En cuarto lugar, a Rúa da Travesía e a Veiga procederase a unha renovación completa do firme pero neste caso é preciso proceder á apertura da caixa, poñer base de pedra en toda a superficie e un triple rego asfáltico.
  • En quinto lugar, temos un proxecto que afecta á Rúa Irmandiños e Mato, nas que tamén se procederá a unha renovación completa do firme, unha delas vaise fresar nos entronques iniciais e finais pero a outra vaise fresar completa previamente á colocación da nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 5 cm de espesor.
  • Por último, na Travesía Malecón – A Peña hai un tramo da rúa que se atopa deteriorado e con unha acera nun dos lados que está en mal estado. Ademáis na zona inferior que é mais ancha, provócanse aparcamentos desordeados con bastante frecuencia. Polo tando, vaise colocar un novo pavimento de formigón semipulido, unha acera de bordillo de formigón e baldosas de cemento nun dos laterais e do outro lado, vanse crear 3 plazas de aparcamento e rematarase a acera de pedra que hai na actualidade. Por último, pintaranse as marcas viais.

En total, os investimentos para a mellora destas 13 rúas alcanzan os case 300.000 euros.

O rexedor concretou que as obras vanse a contratar xusto despois de Semana Santa e anunciou ademáis que “próximamente tamén se iniciarán actuacións no Barrio do Casar e nalgunha pista rural que debido á extracción de madeira con camións pesados deterioráronse e bacheáronse, por iso, queremos rexeneralas o antes posible”.