Skip to main content
Monforte

Katy Varela reuniuse con empresarios da zona de Castelo e responsables de explotacións agrarias

Por 26 Marzo, 2023Sin comentarios

A portavoz do PP en Monforte, Katy Varela, reuniuse con empresarios da zona de Castelo e responsables de explotacións agrarias nun acto no que participou  o vicepresidente da Xunta de Galicia, Francisco Conde.

Na reunión tamén estiveron representantes da Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra, que pretende asesorar e cooperar con empresas e novos emprendedores.

Durante a reunión, ademais de poñer en valor o traballo do sector primario e empresarial da cidade de Monforte, destacouse a urxencia de mellorar as infraestruturas de acceso á cidade.

Abordáronse asuntos como o arranxo da N-120, a execución da A-76 e a conclusión da ligazón da N-120 co Porto Seco, ademais de incrementar as conexións ferroviarias.

Pola súa banda, Francisco Conde expresou a súa disposición para apoiar desde a Xunta de Galicia a posta en marcha de novas iniciativas empresariais que se leven a cabo na cidade.

Igualmente, no encontro púxose de relevo a importancia de desenvolver o turismo como motor económico. Neste punto, Katy Varela considera que non existe unha adecuada xestión turística por parte do Concello de Monforte.

Este tipo de encontros

Katy Varela explicou que, nos encontros como este, ela e o seu equipo escoitan aos veciños e representantes dos sectores produtivos, culturais e deportivos da cidade, para recoller as súas propostas e suxestións para o programa electoral, xa practicamente terminado, a falta da celebración das reunións programadas con outros colectivos.

Neste sentido, destacou a presenza de Francisco Conde nesta reunión con representantes do tecido empresarial, no que participaron empresarios da zona do Castelo e gandeiros do municipio.

Francisco Conde e Katy Varela agradeceron a asistencia e sobre todo o esforzo profesional.