Skip to main content
Pantón

O BNG de Pantón denuncia que non se recuperarán os usos turísticos dos pasos de barcas do municipio

Por 17 Marzo, 2023Sin comentarios

O BNG de Pantón denuncian que, a pesar de que o municipio conta con tres Ribeiras, a do río Cabe, río Miño e o río Sil, Pantón non está incluído no Plan de Mobilidade do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra para a recuperación dos usos turísticos dalgúns pasos de barcas.

Din que “non teremos ningún destes produtos turísticos de posta en valor das Ribeira” e explican que falaron co representante no Consorcio, o alcalde de Pantón, e “incluso levamos unha moción ao Pleno para que así o solicitase, pero non prosperou porque o PP votou en contra”.