Skip to main content
Quiroga

Chega a Biblioteca na Rúa a dous espazos de Quiroga

Por 5 Marzo, 2023Sin comentarios

Quiroga xa conta cun novo servizo de lecer para todos os veciños, a Biblioteca na Rúa, que consiste nun habitáculo que contén libros para que os poidan ler todos os usuarios e tamén para que quen o desexe, poida depositar os seus libros.

Instaláronse dous habitáculos, un situado no parque da Constitución e o outro na praza do Toural, por ser lugares dos máis utilizados para o descanso dos veciños; especialmente por ser zona de espera e vixilancia dos xogos dos máis pequenos.

As casetas de Biblioteca na Rúa van dotadas de libros de literatura infantil, xuvenil e adulta, maioritariamente novela, destacando a novela de ficción.

Despois, serán os propios usuarios os que, se o desexan, vaian depositando outros exemplares para compartir cos demais afeccionados á lectura.

Con esta iniciativa, en palabras do rexedor local, Julio Álvarez, “créase un complemento máis para os espazos de lecer á vez que se saca a cultura á rúa”.