Skip to main content
Quiroga

O Concello de Quiroga segue promovendo obras e desde o BNG din que o fai “só polas eleccións”

Por 12 Marzo, 2023Marzo 13th, 2023Sin comentarios

O Concello de Quiroga continúa dando información das obras que está acometendo para “mellorar a vila”, defenden desde o goberno local.

Estas melloras encaixan dentro do marco do Plan de Mantemento da Vila e, neste momento, tamén están mellorando a praza do Albergue, estendendo no terreo unha nova capa de grava para despois compactala.

Esta praza, afirman, ten múltiples usos, pero a súa utilización como aparcamento é o máis habitual.

Por outra banda, tamén dan conta de que o servizo de Augas do Concello está limpando os depósitos de almacenamento de auga para o abastecementos dos diferentes núcleos de poboación.

Estes traballos comenzaron a semana pasada no tanque situado en Vilañán, no de almacenamento de Carballo de Hospital, e nos tanques que abastecen á zona de Montefurado.

Porén, o partido nacionalista de Quiroga responde a estas actuacións acusando ao goberno local de “só facelo porque veñen as eleccións”.

Din que eles levan anos preocupándose pola saúde pública e a calidade da auga e explican que conseguiron que se tomaran medidas para combater os episodios de turbidez da auga da traída.

Ademais, sosteñen que “cada ano preguntamos pola limpeza dos depósitos de auga, tanto de Quiroga como dos lugares onde a xestión da auga é municipal (Montefurado, Covallos, etc)”.

Ademais, denuncian que as analíticas de control das augas do Concello “non son do ano en curso” e defenden que “en xullo de 2022 pedimos información de limpezas en depósitos de auga de xestión municipal e analíticas de potabilidade actualizadas e aínda non nos deron información”.

Pola súa parte, o goberno local defende que o servizo de Augas realiza todos os anos unha limpeza de todos os tanques de auga que son da súa competencia e que realiza as análises de mostras recollidas en diferentes puntos da traída municipal coa periodicidade que estima sanidade, normalmente mensual e que se poden consultar no SINAC da web do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.