Skip to main content
Quiroga

A exposición ‘O camiño ilustrado. Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla’ chegará a Quiroga

Por 17 Marzo, 2023Sin comentarios

O goberno do Concello de Quiroga firmou un convenio para conseguir que a exposición ‘O camiño ilustrado. Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla’ vaia ao municipio.

Este convenio de colaboración firmouse coa Afundación e ABANCA para o desenvolvemento na vila da mostra.

O rexedor local, Julio Álvarez, agradeceu a presencia dos participantes no salón de plenos, a casa de todos, dixo, e agradeceu a oportunidade de achegar esta exposición a Quiroga ofrecendo as instalacións municipais.

Óscar Rodríguez Rodríguez, coordinador institucional de ABANCA en Lugo, agradeceu Afundación por ser a artífice de poder traer este tipo de exposicións a localidades medianas que as veces quedan esquecidas desta maneira de amosar a cultura.

A coordinadora institucional de Afundación en Lugo e Ourense, Beatriz Fernández-Anguiano falou sobre a exposición, que recolle as 60 acuarelas.

A exposición

Está articulada en tres seccións, o Camiño, os camiñantes e Compostela con textos explicativos do doutor en Historia Feliciano Novoa.

A exposición ten como obxectivo promover o patrimonio cultural e natural e axudar a súa conservación. Pero ademais ten outra parte importante.

A exposición enmárcase na iniciativa ‘Cultura por alimentos’ que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais.

A entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.