Skip to main content
Quiroga

Os Cantos de Taberna de Quiroga rematarán o sábado cunha gran foliada para os asistentes

Por 17 Marzo, 2023Marzo 18th, 2023Sin comentarios

A VI edición dos Cantos de Taberna de Quiroga terán lugar mañá, 18 de febreiro, e os participantes xa están listos para actuar.

Os grupos musicais que xa se inscribiron neste evento terán que reunirse antes da súa actuación para saber o itinerario do percorrido e cada unha das postas en escena nos establecementos rondará a media hora.

A media noite, co remate de todas as actuacións, sobre a media noite, os participantes e veciños desfrutarán dunha gran foliada de todas as agrupacións xuntas na zona dos pubs.

Este evento ten o obxectivo de recuperar a música tradicional, xa que “os cantos nas tabernas foron unha maneira de divertimento, de ocio e un xeito de producir e manter a tradición musical da comarca”, explican desde a Área de Xuventude do Concello de Quiroga.