Skip to main content
Quiroga

O PSOE de Quiroga denuncia a persecución do alcalde a unha empresaria da vila

Por 19 Marzo, 2023Marzo 20th, 2023Sin comentarios

O Grupo Municipal Socialista de Quiroga denunciou a “persecución política por parte do alcalde, Julio Álvarez, cara a unha empresaria da vila, unha arrendataria dun establecemento de hostalería”.

Os socialistas denuncian “que recibiu ata oito multas asinadas polo alcalde nun mes, de xeito complétamete inxustificado”, tal e como recoñeceu o propio Defensor do Pobo.

Explican que esta hostaleira solicitou ao Concello o uso de chan para colocar unha terraza diante do seu local durante a pandemia, pero “o alcalde envioulle multas sen xustificación, colocoulle contedores de lixo, e instalou unha praza de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida, que non cumpre as normas”, explicaron os socialistas.

“Lamentablemente temos que destapar outro caso de soberbia e prepotencia política do alcalde do PP, e unha vez máis estamos aquí para ser o altofalante de veciños e veciñas, que só veñen ao noso concello a traballar con dignidade, tesón e esforzo”, inciden.

Intercesión do Defensor do Pobo

O PSdeG constatou nos escritos que intercambiou a propia empresaria coa oficina do Defensor do Pobo que “foi a instancia á que tivo que percorrer á empresaria para poder denunciar o seu caso, e que se remontan ao 2020, cando solicitou ao Concello de Quiroga unha terraza da que carecía para o seu establecemento”.

O Defensor do Pobo empraza ao Concello a aprobar unha ordenanza na documentación existente, explican os socialistas, e houbo autorización por parte da Xunta para instalar esa terraza ao aire libre fronte ao seu establecemento, “pero o Alcalde ordenou retirala, ademais de poñer 8 multas por incumprir, segundo sinalou, unha condición da licencia que non estaba regulada”, explican.

O Defensor do Pobo “advertiulle ao Concello de Quiroga que debería regular a ocupación de terrazas de xeito xusto e transparente, e que debería aprobar unha ordenanza”.

Nos referidos escritos, o Defensor do Pobo insiste en sinalar dous asuntos: que o Concello alega que non ten persoal cualificado para responder aos requirimentos do Defensor, pero si en cambio para poñer as multas, e que o Concello de Quiroga non cumpriu ningunha das indicacións realizadas por esa institución”.

Por último, no verán do 2021 a empresaria volveu a solicitar ao Concello de Quiroga o uso deste solo, “e a resposta do Concello foi ocupar o espazo cun praza de aparcadoiro para persoas de mobilidade reducida, facéndoo, ademais, de xeito irregular, xa que non cumpre as normas de seguridade e de accesibilidade que recollen as diferentes normativas”, denuncian os socialistas.