Skip to main content
Quiroga

A temática do concurso de camisetas de Quiroga será a Feira do Viño

Por 25 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Quiroga convoca o concurso de camisetas para a Feira do Viño de Quiroga que terá lugar o 8, 9 e 10 de abril.

Neste concurso, organizado polo Concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias, poden participar todos os grupos e colectivos que o desexen a partir de catro integrantes.

A temática escollida para o deseño e o lema das camisetas estará relacionado coa Feira do Viño. Non se admitirán a concurso camisetas que denigren a persoas, grupos ou colectivos, tanto públicos como privados.

Os participantes deben inscribirse na Casa da Cultura antes do 7 de abril persoalmente ou chamando ao teléfono 982 43 51 25, ou o propio día da feira no recinto, na caseta de información municipal, antes das sete da tarde.

Un representante de cada grupo anotado ao concurso deberá acceder ao lugar do pregón o sábado día 8 de abril para expoñer a súa camiseta diante do público e do encargado de escoller ao gañador, que será o pregoeiro da feira, Carlos Sobera.

En canto ao premio, está establecido un só premio de 100 euros en metálico e un trofeo para os portadores da camiseta gañadora.

Memory: 148.7969MB (7.27% of 2048MB)